jueves, 18 de octubre de 2012

Día Internacional da Nena.

 No 2012 o mundo celebra o primeiro Día Internacional da Nena e ten como tema central o matrimonio infantil.  
                                                                                                                                                                 
 O matrimonio infantil é unha violación dos dereitos humanos e é prevalente en varias rexións do mundo, especialmente nas áreas rurais das comunidades máis pobres, subliña un comunicado conxunto de UNICEF, ONU Mulleres e o Fondo de Poboación de Nacións Unidas (UNFPA).  A nivel global, unha de cada tres mulleres entre 20 e 24 anos nos países en desenvolvemento casou antes de cumprir os 18, un equivalente a 70 millóns de mulleres.

 

Na India, por exemplo, as nenas a partir dos trece anos que non están casadas, expóñense ao risco de sufrir raptos polas mafias de prostitución, e máis a sufriren violacións. Porén, son os seus propios pais os que pagan á familia do marido para que a acollan á menor na súa casa. Deste xeito, a nena estará máis protexida dos riscos exteriores, pero estará exposta ós malos tratos por parte do seu marido. A parte, as nenas casan con homes que duplican a súa idade, e por suposto non sinten amor polas súas parellas, tendo por riba que traballar nas súas casas ademáis de ir á escola.

No hay comentarios:

Publicar un comentario