viernes, 26 de octubre de 2012

Última hora!

"¿É SEGURO DONAR OS ÓRGANOS DUN ASASINO¿"

Informámosvos do revuelo formado polas declaracións da periodista Mariló Montero a cerca da posibilidade de que se transmita "a alma" dun asasino mediante a donación de órganos.

jueves, 18 de octubre de 2012

Día Internacional da Nena.

 No 2012 o mundo celebra o primeiro Día Internacional da Nena e ten como tema central o matrimonio infantil.  
                                                                                                                                                                 
 O matrimonio infantil é unha violación dos dereitos humanos e é prevalente en varias rexións do mundo, especialmente nas áreas rurais das comunidades máis pobres, subliña un comunicado conxunto de UNICEF, ONU Mulleres e o Fondo de Poboación de Nacións Unidas (UNFPA).  A nivel global, unha de cada tres mulleres entre 20 e 24 anos nos países en desenvolvemento casou antes de cumprir os 18, un equivalente a 70 millóns de mulleres.

 

Na India, por exemplo, as nenas a partir dos trece anos que non están casadas, expóñense ao risco de sufrir raptos polas mafias de prostitución, e máis a sufriren violacións. Porén, son os seus propios pais os que pagan á familia do marido para que a acollan á menor na súa casa. Deste xeito, a nena estará máis protexida dos riscos exteriores, pero estará exposta ós malos tratos por parte do seu marido. A parte, as nenas casan con homes que duplican a súa idade, e por suposto non sinten amor polas súas parellas, tendo por riba que traballar nas súas casas ademáis de ir á escola.

viernes, 5 de octubre de 2012

Benvidos ao noso blog!

Queremos darvos a benvida a esta páxina na que non deixaredes de atopar a información máis interesante. O propio título xa o di, as gañas de saber cousas novas, córrenos polas veas.
Prometemos que dende o noso comezo, non pasaremos nada por alto, estaredes permanentemente ao tanto da actualidade da filosofía e da ciencia.
Tamén intentaremos que esteades en contacto con outras ramas do saber e curiosidades: música, literatura, historia, sociedade, moda...
Sen extendernos máis desexamos que vos mole o noso traballo e que esta sexa o voso blog preferido polo que non deixaredes de navegar!
Un saúdo.


Lucía e Elena