lunes, 13 de mayo de 2013

Nietzsche e a filosofía da ciencia.

A posición de Nietzsche sobre a ciencia relaciónase coas leis naturais. O seu principal crítica é que a forma como os científicos pensaron as leis naturais segue a mesma tendencia da modernidad, é dicir, a tendnecia a nivelalo todo, a reducilo todo a un común denominador. Relaciona esta tendencia legaliforme coa moderna política democrática. Para Nietzsche a lei é interpretación, non texto. Polo mesmo as leis non expresan necesidades da natureza, senón nosas propias proxeccións. Unha interpretación fundada nunha política democrática. O físico vén ser expresado dentro dos nosos intereses culturais e ata políticos. O real é un xogo de forzas indiferente ao que o ser humano proxecta nas súas particulares perspectivas. A física é interpretación acorde cos nosos propios requerimientos. A volunatd de poder non só é afectada por outros centros de forza senón polo universo enteiro. O noso esforzo de participación no coñecemento deste mundo ten éxito porque nós mesmos participamos.

O contrario dunha lectura do mundo desde as leis naturais é a interpretación desde a vontade de poder. Non hai leis da natureza posto que toda forza exerce todo a súa poder en cada momento. A necesidade non resulta da mera obediencia á natureza senón da vontade de poder. Non hai leis, nin obediencia, tan só necesidade. A idea de lei natural contrástase coa dunha necesidade natural.


O autor distingue entre perspectivismo e perpectivalismo. O perspectivismo está consciente da esixencia de perspectiva e niso difiere do perspectivalismo. O reclamo polos "feitos" é tamén unha interpretación. O autor insiste que no pensamento de Nietzsche non se trata dun relativismo, en realidade é contrario ao relativismo.






No hay comentarios:

Publicar un comentario