viernes, 23 de noviembre de 2012

O INTELECTO NUNCA MORRE

"Allí la ciencia facilitaba el planteamiento de las cuestiones profundas en las que la filosofía y la ciencia se unen: ¿Qué somos? ¿De qué estamos hechos nosotros y el universo? ¿De dónde venimos? ¿Cómo funcionamos? No dudo de que debo la elección de una carrera científica a la genialidad de esta educación «idiosincrásica»."



Dende a nosa antiquísima Auriensis continuamos recordando o labor de Lynn Margulis, como científica e como muller. Por eso, hoxe que se cumpre un ano dende a súa morte, queremos facerlle o recoñecemento que se merece.

Entre a súa faceta profesional destaca a súa titulación en Zoologia e Xenética pola Universidade de Wisconsin e Doutora en Xenética pola Universidade de California-Berkeley.  Foi membro da Academia nacional das Ciencias de Estados Unidos desde 1983, da Academia Rusa de Ciencias Naturais desde 1997 e da Academia Americana de Artes e Ciencias desde 1998. Durante a súa vida publicou máis de 190 artigos de todo tipo.  Saliéntase tamén como catedrática de bioloxía da Universidade de Massachussetts e codirectora Margulis é autora da teoría da simbiogenésis, que explicaría a orixe das primeiras células con núcleo a partir da fusión de bacterias primitivas fai miles de millóns de anos. Na súa teoría endosimbiótica, propón que as células eucariotas (células de animais, plantas, fungos e protoctistas) orixináronse a partir de diferentes células procariotas (sen núcleo) mediante unha relación simbiótica que chegou a ser permanente. Expúxoa por primeira vez en 1967. 
As investigacións das últimas décadas viñérona confirmando en case todos as súas puntos del departamento de bioloxía planetaria da NASA. Xunto co científico Robert Whittaker, propuxo unha clasificación dos seres vivos en cinco reinos a partir da simbiogénesis (Monera, Protoctistas, Plantas, Animais e Fungos), no canto dos tres "vixentes" (Mineral, Vexetal e Animal).




Por todo isto, cómpre non esquecer a esta extraordiaria muller, porque o INTELECTO NUNCA MORRE! Ela es os seus coñecementos e aportacións á ciencia estarán sempre entre nós.



No hay comentarios:

Publicar un comentario